Corrección de erros. Resolución do 11 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso na categoría de facultativo/a especialista de área de diversas especialidades.

 

 

Advertidos erros no texto desta resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia 247, do 22 de decembro de 2008, cómpre efectuar as oportunas correccións, sen alterar o prazo de presentación de instancias:

 

Na páxina 22.854, no anexo I, na categoría de análises clínicas cómpre engadir aos títulos citados o seguinte:

 

- Título de licenciado/a ou doutor/a en bioquímica e acreditar a súa formación na especialidade de análises clínicas ou bioquímica clínica  mediante diploma expedido pola correspondente escola de especialización ou formación completa como biólogo interno residente ou químico interno residente, realizado en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo da superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.

 

Por outra banda, en relación coa categoría de microbioloxía e parasitoloxía con data 9 de xaneiro de 2009 publicouse a oportuna corrección de erros, relativa aos títulos esixidos para o acceso a esta categoría. Compre engadir aos titulos citados na dita corrección de erros o seguinte:

 

- Título de licenciado/a ou doutor/a en bioquímica e acreditar a súa formación na especialidade de microbioloxía e parasitoloxía mediante diploma expedido pola correspondente escola de especialización ou formación completa como biólogo interno residente ou químico interno residente, realizado en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo da superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.